sábado, 30 de marzo de 2013

Un rapaz muxián peleouse con outro por facerlle unha falta


O sábado 30 de marzo un rapaz peleouse con outro por unha falta na esplanada sen malas intencións . O resultado foi que o que fixo a falta gañou a pelea  por darlle un puñetazo na cara .

martes, 26 de marzo de 2013

Gangnam Style



O pocoyó deDarío

En informática facemos pocoyós como este :



El tunás

Un chaval creou un grafiti en honor do tunás

Muxía na actualidade


                                           
              

Muxía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE a súa poboación no 2012 era de 5.269 habitantes (5.424 no 2010, 5.746 no 2006, 5.823 no 2005, 5.899 no 2004, 6.029 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «muxián».


·                   
É moi famosa a Romaría da Virxe da Barca.Festas

·                    En agosto celébrase o San Roque de Moraime.

Patrimonio cultural de Muxía

O concello de Muxía ten un importante patrimonio cultural no que podemos sinalar como predominante o patrimonio relixioso de época románica coas igrexas de San Cristovo de Nemiña, San Xiao de Moraime, Santa Leocadia de Frixe, Santa María de Morquintán, Santa María (esta última de estilo románico de transición) e San Martiño de Ozón (posteriormente transformada) entre outras. Ademais o concello tamén conta con dous mosteiros, o mosteiro de Moraime e o mosteiro de Santa María de Ozón.
Mais de entre todos os edificios relixiosos muxiáns o máis coñecido é o santuario da Virxe da Barca por ser punto de peregrinación desde o século XI ou XII, pegreginación que co paso do tempo deu lugar á actual Romaría da Barca que combina celebracións relixiosas e pagás na vila durante os mesmos días.